sábado, 14 de xuño de 2025

RECOLLIDA DE LIBROS

                                                

O MERCORES 18-06-2025 DENDE AS 19:00  ATA  20:00 HORAS RECOLLEREMOS OS LIBROS DE BACHARELATO E O XOVES  19-06-2025 DENDE AS 19:30 ATA  20:30 HORAS RECOLLEREMOS OS LIBROS DA ESO

O MARTES 1 DE XULLO  DENDE AS 18:00 ATA  19:00 HORAS RECOLLEREMOS TODOS OS LIBROS QUE NON SE ENTREGARON EN DATAS ANTERIORES

domingo, 25 de maio de 2025

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

    De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o Mércores 11 de Xuño  de 2025 ás 19:00 horas en primeira convocatoria e as 19:30 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                      ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Estado de contas

  3. Modificación orzamento 2024/25

  4. Subvención actividades a familias non socias 

  5. Informacion da directiva 

  6. Agradecementos

  7. Banco de libros:informacion dias de recollida

  8. Rogos e preguntas

venres, 13 de setembro de 2024

                                REFORMA TELLADO INSTITUTO

Tal e como acordamos na asamblea do 09-09-2024, acordouse enviar un correo todas as familias a  Xefatura Territorial de Pontevedra  interesándonos por este tema. Na anterior publicación podedes ver o correo enviado con data 02-07-2024 , na que figura a dirección de correo electrónico, do que non nos consta contestación algunha.

E por eso que animamos a todas as familias a enviar un correo facendo referencia o  enviado o 02-07-2024 por parte de Anpa As Gaindas

xoves, 12 de setembro de 2024

                                ARREGLO TELLADO IES AUGA DA LAXE

Correo enviado con data 02-07-2024 a Xefatura Territorial de Pontevedra

xefatura.territorial.pontevedra@edu.xunta.es 

Boas tardes

Nos poñemos en contacto con vostede porque desde fai uns anos, cando chega o inverno hai varias

filtracións no tellado do instituto e polo que podemos comprobar o longo dos anos, cada ano vai a mais.

Según nos informan da dirección do instituto fai uns meses estiveron no edificio vendo este tema (ainda que esta demanda e de fai varios anos).

Os anos pasan, e vemos que este tema sigue sen solución , e desde a Anpa pensabamos que este verán sería un punto de inflexión  para poder facer esta mellora.

Nos gustaría que nos informasen , como está este tema e si teñen algunha  previsión de reforma do tellado ou si iniciaron algún proxecto de reforma.

Sen mais, esperando unha pronta resposta , reciba un cordial saudo

ANPA AS GAINDAS (IES AUGA DA LAXE)

mércores, 4 de setembro de 2024

 ENTREGA DE LIBROS


  • BACHARELATO e 1º ESO 

    Martes 10 de 20:00 a 21:00


  • 2º,3º e 4º ESO 

    Mércores 11 de 20:00 a 21:00


 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

    De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o luns 9 de Setembro  de 2024 ás 19:00 horas en primeira convocatoria e as 19:30 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                      ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Orzamento ano 2024-2025

  3. Resultados academicos

  4. Cota Anpa 2024-2025

  5. Reforma tellado Instituto

  6. Xunta directiva

  7. Banco de libros

  8. Rogos e preguntas

martes, 11 de xuño de 2024

 O Mércores 19/06/24 dende as  19:00 ata as 20:00 recolleremos os libros de Bacharelato e o Xoves  20/06/24 dende as  19:30 as 20:30 horas recolleremos os libros da Eso

O Venres 5 de  Xullo de 18 a 19 horas  , recolleremos de novo os libros de Bacharelato e os que quedasen pendentes da Eso.