CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS
De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o Luns 7 de Setembro de 2026 ás 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte
ORDE DO DÍA
Lectura e aprobación da acta anterior
Orzamento 2026/2027
Banco de libros: información de petición de libros e dias de entrega
Informacion da directiva
Elecions Xunta directiva
Rogos e preguntas
Xa está dispoñible a aplicación para solicitar os libros do Banco de Libros da ANPA para o curso 2026/2027.
É imprescindible ter aboada a cota de socio/a da ANPA correspondente ao curso 2026/2027.
As familias que teñan solicitada a axuda para a adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia deberán agardar á resolución antes de realizar a solicitude no Banco de Libros da ANPA, co fin de evitar duplicidades.
Familias de nova incorporación: deberedes darvos de alta na aplicación MiAMPA.
Familias xa rexistradas en MiAMPA: comprobade que o curso asignado ao voso fillo ou filla é o correcto antes de tramitar a solicitude.
O alumnado de 2.º de Bacharelato foi dado de baixa da aplicación. No caso de que algún alumno ou alumna repita curso, deberá darse de alta de novo en MiAMPA.