martes, 20 de xuño de 2017

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria de asociados


De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de alumnos do IES Auga da Laxe "As Gaiandas", convócase a todos os pais e nais á Asamblea Xeral, de carácter ordinario, que terá lugar no Salón de Actos do Instituto, o mércores día 28 de xuño de 2017, ás 20:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:05 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte orde do día:
  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Estado de contas.
  3. Banco de libros.
  4. Renovación da xunta directiva.
  5. Rogos e preguntas.

Devolución de libros prestados polo Banco de Libros da ANPA

O próximo luns día 26 de xuño de 2017 das 19:00 ás 20:30 devolveranse os libros prestado do banco de libros da ANPA.
Os libros das materias suspensas devolveranse en setembro, despois dos exámes extraordinarios.