xoves, 24 de xullo de 2025

                                            NOVA APLIACIÓN BANCO DE LIBROS

A nova aplicación para solicitar os libros é a seguinte: MIAMPA . 
Se pode dar de alta a través da web : anpaasgaiandas.miampa.com ou  baixando a App.
-A clave para darse de alta na Nosa Anpa : B6439
- En primer lugar hai  que facer o pago da cuota de socio 15 Euros (o pago e mediante tarxeta ou bizum)
- En segundo lugar  faise a petición dos libros (o pago tamén e mediante tarxeta ou Bizum).
-A aplicación estará operativa a partir do 10 de Agosto 

O dia 1 de setembro esta convocada Asamblea  donde poderemos resolver todas as dúbidas: a petición de libros así como as datas de entrega.

As familias que teñen solicitados libros a Xunta, por favor, que consulten no taboleiro do instituto cales teñen concedidos para no solicitálos  na Anpa por duplicado

mércores, 23 de xullo de 2025

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

    De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o Luns 1 de Setembro  de 2025 ás 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                      ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Aprobacion pagamento factura aplicacion Anpafacil

  3. Renovacion xunta directiva (Tesorera e Secretaria)

  4. Nova aplicacion Banco de libros (resolveremos tóda-las dúbidas)

  5. Rogos e preguntas