luns, 12 de xuño de 2023
xoves, 18 de maio de 2023
Asemblea Fin de curso
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS
De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o luns 5 de Xuño de 2023 ás 18:30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Estado de contas
- Información da directiva
- Agradecementos
- Banco de libros. Información de días de recollida
- Renovación xunta directiva
- Rogos e preguntas.
luns, 7 de novembro de 2022
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ANPA AS GAIANDAS
Convócase a tódalas familias socias a asemblea extraordinaria que se celebrará o vindeiro luns 21 de novembro de 2022 as 18,30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 en segunda convocatoria para debatir o seguinte punto
- Modificación do regulamento de banco de libros e votación.
Expoñemos a continuación os paragrafos modificados en vermello:
A petición farase a través da aplicacion de Ampafacil. Tamén haberá posibilidade de facelo presencial, en caso de que haxa problemas para facelo a través da aplicación
Os libros teñen que estar forrados. Aqueles libros que non se forren levarán unha sanción de 2€ por libro.
A perda ou deterioro dun libro terá unha penalizacion de tres veces a cota de libros o primeiro ano de vixencia do manual, dúas veces o segundo ano de vixencia do manual, e a partir de aí o valor da cota do libro. A cota de libros mencionada será a acordada na asemblea mais recente a data de recollida de libros.
As doazóns dos manuais poden ser totalmente gratuítas ou trocar cada doazón (sempre en cando a Anpa precise o manuel doado) por outro libro que precise a familia.
mércores, 7 de setembro de 2022
mércores, 31 de agosto de 2022
CONCENTRACIÓN DIANTE DO INSTITUTO POLO RECORTE DO PROFESORADO
Este ano volvemos ter recortes no profesorado, que vai a ocasionar que vaiamos ter un diminución da calidade do ensino dos nosos fillos e fillas. Por elo convocamos a tódalas familias a unha concentración diante do instituto o vindeiro luns 05/09/22 as 18:30 horas, previa a asemblea, para manifestar a nosa protesta.
É necesaria a vosa presenza para que entre todos podamos reverter esta situación.
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS
De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto, o luns 5 de setembro de 2022 ás 18:45 horas en primeira convocatoria, e as 19:15 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte
ORDE DO DÍA
Lectura e aprobación da acta anterior
Estado de contas
Orzamento ano 2022-23
Información de directiva
Renovación xunta directiva
Banco de libros.
Rogos e preguntas