venres, 18 de setembro de 2020

PETICION DE LIBROS DA ANPA         

 

        Xa podedes solicitar os libros da Anpa a través do enlace que atoparedes no blogue. Lembrade en facer unha petición por alumno e se nos trabucamos, non fagades unha nova petición, pois duplicaríades os datos. E mellor deixalo así e xa se corrixiría no momento da entrega dos libros.

        Comunicaremos mediante nota o día de entrega dos mesmos. Lembrade que poida ser que non teñamos todolos libros para ese día, pero serían mercados e entregados noutra data, despois de que os teñamos.

2 comentarios:

  1. Boas noites.
    Son Jose, pai dun alumno que empeza 1º de Bacharelato, vindo do IES Terra de Turonio.
    Lendo as bases do banco de libros, entendo que os pais de alumnos novos no instituto non podemos solicitar o mesmo.
    Estou no certo?
    Graciñas!!

    ResponderEliminar