sábado, 2 de agosto de 2025

                                                       BANCO  DE LIBROS

INFORMAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE DEBIDO O CAMBIO DE APLICACION DO BANCO DE LIBROS. ESTA NOVA  APP ESTABLECE UNHAS COMISIONS TAL  E COMO SE DETALLAN:

-UNHA COMISION  DE 0,20 EUROS NO PAGO DA CUOTA ANUAL  (15+0,20=15,20)

-UNHA COMISION 2% NO BANCO DE LIBROS:

           EXEMPLO :        - 5 LIBROS X 12 EUROS=  (60 +1,20 = 61.20)

NA PROXIMA ASAMBLEA  DO 1 SEPTEBRO A XUNTA DIRECTIVA DARA AS EXPLIACIONS OPORTUNAS DO CAMBIO DE APLICACIÓN, ENTRE AS QUE ESTA  UN COSTE ANUAL PARA AS FAMILIAS DE 2000 EUROS/ANUALES  (9 EUROS /FAMILIA) 

xoves, 24 de xullo de 2025

                                            NOVA APLIACIÓN BANCO DE LIBROS

A nova aplicación para solicitar os libros é a seguinte: MIAMPA . 
Se pode dar de alta a través da web : anpaasgaiandas.miampa.com ou  baixando a App.
-A clave para darse de alta na Nosa Anpa : B6439
- En primer lugar hai  que facer o pago da cuota de socio 15 Euros (o pago e mediante tarxeta ou bizum)
- En segundo lugar  faise a petición dos libros (o pago tamén e mediante tarxeta ou Bizum).
-A aplicación estará operativa a partir do 10 de Agosto 

O dia 1 de setembro esta convocada Asamblea  donde poderemos resolver todas as dúbidas: a petición de libros así como as datas de entrega.

As familias que teñen solicitados libros a Xunta, por favor, que consulten no taboleiro do instituto cales teñen concedidos para no solicitálos  na Anpa por duplicado

mércores, 23 de xullo de 2025

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

    De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o Luns 1 de Setembro  de 2025 ás 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                      ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Aprobacion pagamento factura aplicacion Anpafacil

  3. Renovacion xunta directiva (Tesorera e Secretaria)

  4. Nova aplicacion Banco de libros (resolveremos tóda-las dúbidas)

  5. Rogos e preguntas


sábado, 14 de xuño de 2025

RECOLLIDA DE LIBROS

                                                

O MERCORES 18-06-2025 DENDE AS 19:00  ATA  20:00 HORAS RECOLLEREMOS OS LIBROS DE BACHARELATO E O XOVES  19-06-2025 DENDE AS 19:30 ATA  20:30 HORAS RECOLLEREMOS OS LIBROS DA ESO

O MARTES 1 DE XULLO  DENDE AS 18:00 ATA  19:00 HORAS RECOLLEREMOS TODOS OS LIBROS QUE NON SE ENTREGARON EN DATAS ANTERIORES

domingo, 25 de maio de 2025

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

    De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o Mércores 11 de Xuño  de 2025 ás 19:00 horas en primeira convocatoria e as 19:30 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                      ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Estado de contas

  3. Modificación orzamento 2024/25

  4. Subvención actividades a familias non socias 

  5. Informacion da directiva 

  6. Agradecementos

  7. Banco de libros:informacion dias de recollida

  8. Rogos e preguntas

venres, 13 de setembro de 2024

                                REFORMA TELLADO INSTITUTO

Tal e como acordamos na asamblea do 09-09-2024, acordouse enviar un correo todas as familias a  Xefatura Territorial de Pontevedra  interesándonos por este tema. Na anterior publicación podedes ver o correo enviado con data 02-07-2024 , na que figura a dirección de correo electrónico, do que non nos consta contestación algunha.

E por eso que animamos a todas as familias a enviar un correo facendo referencia o  enviado o 02-07-2024 por parte de Anpa As Gaindas

xoves, 12 de setembro de 2024

                                ARREGLO TELLADO IES AUGA DA LAXE

Correo enviado con data 02-07-2024 a Xefatura Territorial de Pontevedra

xefatura.territorial.pontevedra@edu.xunta.es 

Boas tardes

Nos poñemos en contacto con vostede porque desde fai uns anos, cando chega o inverno hai varias

filtracións no tellado do instituto e polo que podemos comprobar o longo dos anos, cada ano vai a mais.

Según nos informan da dirección do instituto fai uns meses estiveron no edificio vendo este tema (ainda que esta demanda e de fai varios anos).

Os anos pasan, e vemos que este tema sigue sen solución , e desde a Anpa pensabamos que este verán sería un punto de inflexión  para poder facer esta mellora.

Nos gustaría que nos informasen , como está este tema e si teñen algunha  previsión de reforma do tellado ou si iniciaron algún proxecto de reforma.

Sen mais, esperando unha pronta resposta , reciba un cordial saudo

ANPA AS GAINDAS (IES AUGA DA LAXE)