mércores, 31 de xaneiro de 2018



ANPA “As Gaiandas”
IES Auga da Laxe

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS
De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no Salón de Actos do instituto, o martes 20 de febreiro  de 2018 ás 19:00  horas en primeira convocatoria, e as 19:30 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte
                                                        ORDE DO DÍA
1.       Elección de nova Xunta Directiva
2.       Estado de contas
3.       Aprobación se procede de asociarnos a Federación de Anpas do Val Miñor(Favalmi)
4.       Varios

A Xunta directiva da ANPA

luns, 29 de xaneiro de 2018

Atención a Urxencias Sanitarias para Familias. Curso de 9 horas.

A Consellería ofrece ás familias a posibiidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación  desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2, edificio do IME) os días 19 e 26 de febreiro, e 5 de marzo en horario de 16:30 a 19:30.
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 9 de febreiro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 20 prazas.