martes, 11 de xuño de 2024

 O Mércores 19/06/24 dende as  19:00 ata as 20:00 recolleremos os libros de Bacharelato e o Xoves  20/06/24 dende as  19:30 as 20:30 horas recolleremos os libros da Eso

O Venres 5 de  Xullo de 18 a 19 horas  , recolleremos de novo os libros de Bacharelato e os que quedasen pendentes da Eso.


xoves, 16 de maio de 2024

 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

    De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o luns 10 de Xuño  de 2024 ás 18:30  horas en primeira convocatoria e as 19:00 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                      ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Estado de contas

  3. Información da directiva

  4. Agradecementos

  5. Banco de libros : Reserva de libros e información de días de recollida

  6. Rogos e preguntas.