martes, 1 de decembro de 2020

        O vindeiro venres día 04/12/20 de 19:30 a  21:00 horas, no auditorio Lois Tobío e organizado polo Omix,  terá lugar unha charla onde se tratará o tema "Conflitos na adolescencia". Aforo máximo 30 persoas.

A directiva


 NOTA INFORMATIVA


        Dende a Anpa comunicamos a todalas familias que coma outros anos mercáronse libros de lectura os cales foron doados ao centro. Estos libros de lectura son para todolos cursos e podedes solicitalos a través do centro, sempre en cando haxa exemplares disponibeis.

A directiva

domingo, 20 de setembro de 2020

 

ENTREGA LIBROS ANPA

Martes 29-09-20 de 18:00 a 19:00 horas entrega de libros de Bacharelato

Mércores 30-09-20 de 18:00 a 19:00 horas entrega de libros de ESO

Lembrar traer xustificante de pago

venres, 18 de setembro de 2020

PETICION DE LIBROS DA ANPA         

 

        Xa podedes solicitar os libros da Anpa a través do enlace que atoparedes no blogue. Lembrade en facer unha petición por alumno e se nos trabucamos, non fagades unha nova petición, pois duplicaríades os datos. E mellor deixalo así e xa se corrixiría no momento da entrega dos libros.

        Comunicaremos mediante nota o día de entrega dos mesmos. Lembrade que poida ser que non teñamos todolos libros para ese día, pero serían mercados e entregados noutra data, despois de que os teñamos.

martes, 1 de setembro de 2020

RECOLLIDA LIBROS ANPA

Luns 07/09/20 dende as 11:00 ata as 12:00 e dende as 19:30 as 20:30 horas recolleremos os libros do banco de libros da Anpa.

Non esquezades levar máscara pola COVID

martes, 23 de xuño de 2020

RECOLLIDA  LIBROS ANPA

Xoves  25-06-20 de 19:30 a 20:30 horas recollida  de libros da ESO.
Xoves 16-07-20 de 19:30 a 20:30 horas recollida  de libros de Bacharelato 

NON ESQUEZADES LEVAR MÁSCARA POLA COVID