luns, 18 de novembro de 2019

Charlas Omix

CHARLAS-OBRADOIROS-PAIS E NAIS
Invitámosvos a participar e asistir as seguintes charlas organizadas polo OMIX
GONDOMAR e as Anpas do Auga da Laxe e Terra de Turonio. 
Tódalas charlas serán de 19:00 a 20:30 horas e serán os seguintes días
e lugares:
22 Novembro    Ciberseguridade no Ies Terra de Turonio
29 Novembro  Novas formas de violencia no Ies Terra de Turonio
13 Decembro Trastornos alimentación no Ies Auga da Laxe
20 Decembro Intelixencia emocional no Ies Auga da Laxe

mércores, 18 de setembro de 2019

Luns 23-09-19 de 18:45 a 20:00 horas entrega de libros de Bacharelato
Martes 24-09-19 de 18:00 a 19:30 horas entrega .de libros de ESO

Lembrar traer xustificante de pago

domingo, 15 de setembro de 2019

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS
De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no Salón de Actos do instituto, o mércores 18 de setembro  de 2019 ás 19:30 horas en primeira convocatoria, e as 20:00 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte
                                                        ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Orzamento 2019-20
  3. Banco de libros. Cota e día de entrega
  4. Renovación xunta directiva.
  5. Rogos e preguntas

venres, 30 de agosto de 2019

RECOLLIDA LIBROS ANPA

O vindeiro xoves 5 de setembro de 19:30 a 20:30 horas e venres 6 de setembro de 11:00 a 12:00 recolleremos os libros do banco de libros da Anpa.

xoves, 20 de xuño de 2019

EXCURSIÓN AS ILLA CÍES

A federación de ANPAS Do Val Miñor( FAVALMI) organizará
o vindeiro 14 de setembro de 2019 unha excursión as Ilas
Cíes para tódalas familias a un prezo de 9 euros por persoa.
Para anotarse debedes acceder ao blogue
Https://Favalmi.blogspot.com, no cal atoparedes tódala información.

luns, 17 de xuño de 2019


  • Como era moi compricado saber quen era socio ou non a hora de pedir os libros e ademáis, como o banco nos cobra unha cota por cada imposición, o pago da cota de socio farase ao comenzo do curso 2019-20 e a mesma vez que se faga o pago dos libros solicitados. Aquel que só quera facerse socio e non alugar libros, só fara o pago da cota de socio de 10€.
RECOLLIDA LIBROS ANPA 

O vindeiro venres 28 de xuño de 19:30 a 20:30 horas e luns 1 de xullo de 11:00 a 12:00 recolleremos os libros do banco de libros da Anpa.

xoves, 14 de febreiro de 2019


O vindeiro luns 18 de Febreiro de 2019 as 18:45 horas, haberá unha charla no salón de actos do IES Auga da Laxe , impartido por M Estela Portillo Encina Coordinadora e psicóloga de Anhida e Ricardo García Díaz, presidente de Anhida, onde falarán do TDAH( trastorno por déficit de atención e hiperactividade) e coñeceremos en que consiste
Invitámosvos a que participedes