sábado, 18 de xuño de 2022

 RECOLLIDA  LIBROS ANPA


O martes 21/06/22 dende as  19:00 ata as 20:00 recolleremos os libros da ESO e mércores 22/06/22 dende as  19:00 as 20:000 horas recolleremos os libros de Bacharelato.


 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no  instituto, o luns 20 de xuño  de 2022 ás 18:45  horas en primeira convocatoria, e as 19:15 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                                        ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Estado de contas

  3. Resumo ano académico

  4. Agradecementos

  5. Nova cota de banco de libros e formato

  6. Renovación xunta directiva

  7. Rogos e preguntas