luns, 7 de novembro de 2022

 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ANPA AS GAIANDAS


    Convócase a tódalas familias socias a asemblea extraordinaria que se celebrará o vindeiro luns 21 de novembro de 2022 as 18,30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 en segunda convocatoria para debatir o seguinte punto


- Modificación do regulamento de banco de libros e votación.

Expoñemos a continuación os paragrafos modificados en vermello:

A petición farase a través  da aplicacion de Ampafacil. Tamén haberá posibilidade de facelo presencial, en caso de que haxa problemas para facelo a través da aplicación

 Os libros teñen que estar forrados. Aqueles libros que non se forren levarán unha sanción de 2€ por libro. 

 

A perda ou deterioro dun libro  terá unha penalizacion de tres veces a cota de libros o primeiro ano de vixencia do manual, dúas veces o segundo ano de vixencia do manual, e a partir de aí o valor da cota do libro. A cota de libros mencionada será a acordada na asemblea mais recente a data de recollida de libros.

 

As doazóns dos manuais poden ser totalmente gratuítas ou trocar cada doazón (sempre en cando a Anpa precise o manuel doado) por outro libro que precise a familia.

mércores, 7 de setembro de 2022

 DÍAS DE ENTREGA LIBROS ANPA 

BAC LUNS 12 DE 18:45 a 19:45

2º e 4º ESO MARTES 13 DE 18:45 a 19:45

1º BAC MÉRCORES 14 DE 18:45 a 19:45

1º e 3º ESO XOVES 15 DE 18:45 a 19:45

Data límite para pedir os libros, 10 da mañá de cada día de entrega correspondente. 

 

mércores, 31 de agosto de 2022

 CONCENTRACIÓN DIANTE DO INSTITUTO POLO RECORTE DO PROFESORADO

    Este ano volvemos ter recortes no profesorado, que vai a ocasionar que vaiamos ter un diminución da calidade do ensino dos nosos fillos e fillas. Por elo convocamos a tódalas familias a unha concentración diante do instituto o vindeiro luns 05/09/22 as 18:30 horas, previa a asemblea, para manifestar a nosa protesta.


    É necesaria a vosa presenza para que entre todos podamos reverter esta situación.


 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

    De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto, o luns 5 de setembro  de 2022 ás 18:45  horas en primeira convocatoria, e as 19:15 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                      ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Estado de contas

  3. Orzamento ano 2022-23

  4. Información de directiva

  5. Renovación xunta directiva

  6. Banco de libros.

  7. Rogos e preguntas

sábado, 18 de xuño de 2022

 RECOLLIDA  LIBROS ANPA


O martes 21/06/22 dende as  19:00 ata as 20:00 recolleremos os libros da ESO e mércores 22/06/22 dende as  19:00 as 20:000 horas recolleremos os libros de Bacharelato.


 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no  instituto, o luns 20 de xuño  de 2022 ás 18:45  horas en primeira convocatoria, e as 19:15 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                                        ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Estado de contas

  3. Resumo ano académico

  4. Agradecementos

  5. Nova cota de banco de libros e formato

  6. Renovación xunta directiva

  7. Rogos e preguntas

luns, 28 de marzo de 2022

Saída ao Monte Galiñeiro.

         Este vindeiro sábado día 2 de Abril invitámosvos a unha saída polo monte Galiñeiro ,en colaboración coa Comunidad de Montes de Vincios para arrancar eucaliptos e acacias

 

Despois dos lumes o oportunismo do eucalipto esta a querer colonizar espazos novos.  Por outra banda a acacia melanoxylon esta a xerar novos bosquetes que necesitan con urxencia de control. Dada a importancia de preservar nun estado saudable o monte, e con el a flora, fauna, solo e olleiros dos cales beben todos os veciños de Vincios, este control estase a facer por medios mecánicos, é dicir, cortando os gromos, buscando o cansazo da planta, evitando o uso de axentes químicos.

 

A comunidade de Vincios colabora económicamente con nós dende hai bastante tempo e que mellor maneira que devolverlles este favor que participar con eles nesta iniciativa, e ademáis pasaremos unha mañá agradable de paseo polo monte.

 

Se estás interesado manda un Wassap ao teléfono da Anpa 644545857, para que poidamos ter unha idea do número de persoas participantes e poder organizar ben a saída e tamén poder transmitir as intruccións necesarias.

Se queredes ampliar a información podedes pinchar neste enlace para ver un video explicativo da actividade.

ttps://youtu.be/-HwoZ9lWxzg