domingo, 19 de setembro de 2021

Rectificación ao orde do día da asemblea do día 20/09/21

Por erro, quedaron uns puntos da orde do día pendentes. A orde do día correcta sería esta


  1. Lectura e aprobación da acta anteriores

  2. Estado de contas

  3. Orzamento

  4. Información da directiva

  5. Renovación xunta directiva

  6. Novo sistema de facerse socio e banco de libros.

  7. Rogos e preguntas


mércores, 15 de setembro de 2021

 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no patio exterior do instituto, o luns 20 de setembro  de 2021 ás 18:45  horas en primeira convocatoria, e as 19:15 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                                        ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Estado de contas

  3. Renovación xunta directiva

  4. Novo sistema de facerse socio e banco de libros.

  5. Rogos e preguntas

domingo, 11 de abril de 2021

Charla para as familias

 

Durante o mes de abril e dentro do proxecto “Escolas de nais e pais” realizaranse varias charlas “On line” en colaboración coa Federación de Anpas do Val  Miñor(Favalmi).

  • Mércores 24 de abril, Dislexia e lateralidade cruzada

  • Mércores 21 de abril, TDAH

  • Mércores 28 de abril, Austismo e Aperger


Trataremos ir facendo aquelas charlas que teñan interese para as familias. Se hai algunha proposta agradeceríamosvos que nos fagades chegar ao noso correo electrónico: anpa.as.gaiandas@gmail.com.

Para participar nas charlas é imprescindible anotarse enviando un correo electrónico a : favalmi@gmail.com para poder recibir o enlace da xuntanza.

A proposta vai dirixida a toda a comunidade educativa( familias, educadores, mestres, etc)