venres, 13 de setembro de 2024

                                REFORMA TELLADO INSTITUTO

Tal e como acordamos na asamblea do 09-09-2024, acordouse enviar un correo todas as familias a  Xefatura Territorial de Pontevedra  interesándonos por este tema. Na anterior publicación podedes ver o correo enviado con data 02-07-2024 , na que figura a dirección de correo electrónico, do que non nos consta contestación algunha.

E por eso que animamos a todas as familias a enviar un correo facendo referencia o  enviado o 02-07-2024 por parte de Anpa As Gaindas

xoves, 12 de setembro de 2024

                                ARREGLO TELLADO IES AUGA DA LAXE

Correo enviado con data 02-07-2024 a Xefatura Territorial de Pontevedra

xefatura.territorial.pontevedra@edu.xunta.es 

Boas tardes

Nos poñemos en contacto con vostede porque desde fai uns anos, cando chega o inverno hai varias

filtracións no tellado do instituto e polo que podemos comprobar o longo dos anos, cada ano vai a mais.

Según nos informan da dirección do instituto fai uns meses estiveron no edificio vendo este tema (ainda que esta demanda e de fai varios anos).

Os anos pasan, e vemos que este tema sigue sen solución , e desde a Anpa pensabamos que este verán sería un punto de inflexión  para poder facer esta mellora.

Nos gustaría que nos informasen , como está este tema e si teñen algunha  previsión de reforma do tellado ou si iniciaron algún proxecto de reforma.

Sen mais, esperando unha pronta resposta , reciba un cordial saudo

ANPA AS GAINDAS (IES AUGA DA LAXE)

mércores, 4 de setembro de 2024

 ENTREGA DE LIBROS


  • BACHARELATO e 1º ESO 

    Martes 10 de 20:00 a 21:00


  • 2º,3º e 4º ESO 

    Mércores 11 de 20:00 a 21:00


 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS

    De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o luns 9 de Setembro  de 2024 ás 19:00 horas en primeira convocatoria e as 19:30 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte

                                      ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior

  2. Orzamento ano 2024-2025

  3. Resultados academicos

  4. Cota Anpa 2024-2025

  5. Reforma tellado Instituto

  6. Xunta directiva

  7. Banco de libros

  8. Rogos e preguntas