sábado, 4 de xullo de 2026

                                                     Banco de Libros

📚 Xa está dispoñible a aplicación para solicitar os libros do Banco de Libros da ANPA para o curso 2026/2027.

Antes de realizar a solicitude, pregámosvos que teñades en conta as seguintes indicacións:

✅ É imprescindible ter aboada a cota de socio/a da ANPA correspondente ao curso 2026/2027.

⏳ As familias que teñan solicitada a axuda para a adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia deberán agardar á resolución antes de realizar a solicitude no Banco de Libros da ANPA, co fin de evitar duplicidades.

👨‍👩‍👧‍👦 Familias de nova incorporación: deberedes darvos de alta na aplicación MiAMPA.
Se pode dar de alta a través da web : anpaasgaiandas.miampa.com ou  baixando a App.
-A clave para darse de alta na Nosa Anpa : B6439
- En primer lugar hai  que facer o pago da cuota de socio 15 Euros (o pago e mediante tarxeta ou bizum dende a misma aplicación)
- En segundo lugar  faise a petición dos libros (o pago tamén e mediante tarxeta ou Bizum).

📱 Familias xa rexistradas en MiAMPA: comprobade que o curso asignado ao voso fillo ou filla é o correcto antes de tramitar a solicitude.

🎓 O alumnado de 2.º de Bacharelato foi dado de baixa da aplicación. No caso de que algún alumno ou alumna repita curso, deberá darse de alta de novo en MiAMPA.

Moitas grazas pola vosa colaboracion