BANCO DE LIBROS
Ante as numerosas consultas sobre as solicitudes de libros de 1 BACH queremos aclarar o seguinte:
-Pregamos as familias que non soliciten os libros hasta que sepan con certeza as materias que lle corresponden en : "materias de opción de modalidade"
-Tamen lle recordamos as familias que teñen solicitado libros a Xunta , previsiblemente os listados estarán disponibles para as familias a partires do dia 28 de Xullo no taboleiro do instituto. No mes de Agosto o instituto permanecerá pechado.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Xa está dispoñible a aplicación para solicitar os libros do Banco de Libros da ANPA para o curso 2026/2027.
É imprescindible ter aboada a cota de socio/a da ANPA correspondente ao curso 2026/2027.
As familias que teñan solicitada a axuda para a adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia deberán agardar á resolución antes de realizar a solicitude no Banco de Libros da ANPA, co fin de evitar duplicidades.
Familias de nova incorporación: deberedes darvos de alta na aplicación MiAMPA.
Familias xa rexistradas en MiAMPA: comprobade que o curso asignado ao voso fillo ou filla é o correcto antes de tramitar a solicitude.
O alumnado de 2.º de Bacharelato foi dado de baixa da aplicación. No caso de que algún alumno ou alumna repita curso, deberá darse de alta de novo en MiAMPA.