De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de alumnos do IES Auga da Laxe "As Gaiandas", convócase a todos os pais e nais á Asamblea Xeral, de carácter ordinario, que terá lugar no Salón de Actos do Instituto, o mércores día 28 de xuño de 2017, ás 20:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:05 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Estado de contas.
- Banco de libros.
- Renovación da xunta directiva.
- Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario