luns, 28 de marzo de 2022

Saída ao Monte Galiñeiro.

         Este vindeiro sábado día 2 de Abril invitámosvos a unha saída polo monte Galiñeiro ,en colaboración coa Comunidad de Montes de Vincios para arrancar eucaliptos e acacias

 

Despois dos lumes o oportunismo do eucalipto esta a querer colonizar espazos novos.  Por outra banda a acacia melanoxylon esta a xerar novos bosquetes que necesitan con urxencia de control. Dada a importancia de preservar nun estado saudable o monte, e con el a flora, fauna, solo e olleiros dos cales beben todos os veciños de Vincios, este control estase a facer por medios mecánicos, é dicir, cortando os gromos, buscando o cansazo da planta, evitando o uso de axentes químicos.

 

A comunidade de Vincios colabora económicamente con nós dende hai bastante tempo e que mellor maneira que devolverlles este favor que participar con eles nesta iniciativa, e ademáis pasaremos unha mañá agradable de paseo polo monte.

 

Se estás interesado manda un Wassap ao teléfono da Anpa 644545857, para que poidamos ter unha idea do número de persoas participantes e poder organizar ben a saída e tamén poder transmitir as intruccións necesarias.

Se queredes ampliar a información podedes pinchar neste enlace para ver un video explicativo da actividade.

ttps://youtu.be/-HwoZ9lWxzg

Ningún comentario:

Publicar un comentario