CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ANPA AS GAIANDAS
Convócase a tódalas familias socias a asemblea extraordinaria que se celebrará o vindeiro luns 21 de novembro de 2022 as 18,30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 en segunda convocatoria para debatir o seguinte punto
- Modificación do regulamento de banco de libros e votación.
Expoñemos a continuación os paragrafos modificados en vermello:
A petición farase a través da aplicacion de Ampafacil. Tamén haberá posibilidade de facelo presencial, en caso de que haxa problemas para facelo a través da aplicación
Os libros teñen que estar forrados. Aqueles libros que non se forren levarán unha sanción de 2€ por libro.
A perda ou deterioro dun libro terá unha penalizacion de tres veces a cota de libros o primeiro ano de vixencia do manual, dúas veces o segundo ano de vixencia do manual, e a partir de aí o valor da cota do libro. A cota de libros mencionada será a acordada na asemblea mais recente a data de recollida de libros.
As doazóns dos manuais poden ser totalmente gratuítas ou trocar cada doazón (sempre en cando a Anpa precise o manuel doado) por outro libro que precise a familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario